Presentarán o poemario musicado ‘Lugar de incendios’ en Muxía

Será o día 14 de abril no Salón do Voluntariado // A obra de Paco Souto e Serxio Moreira inclúe colaboracións de Enma Abella e Rosalía Fernández Rial
Literatura
Manuel Lavandeira
Portada do libro ‘Lugar de incendios’, de Paco Souto e Serxio Moreira

Muxía acollerá o vindeiro día 24 de abril a presentación da obra Lugar de incendios, un libro-cd de Paco Souto e Serxio Moreira que conta coa participación de Emma Abella e Rosalía Fernández Rial. A cita é ás 19.00 horas no Salón de Actos do Voluntariado.

O volume recolle o espectáculo poético musical que o literato desenvolveu ao longo de 2009 canda ao músico Serxio Moreira, cunha gravación remasterizada daqueles encontros. A obra inclúe unha ducia de poemas de Souto, dez deles tirados daquela iniciativa e outros dous doutros poemarios. A isto súmanse biografías dos autores e un epílogo a cargo de Emma Abella, compañeira de Souto, ademais de ilustracións del mesmo e as partituras dos temas incluídos no proxecto.