Primeira andaina de Cee, somos Camiño

Sendeirismo
Manuel Lavandeira
Rubén Villar e Margarita Lamela diante da fonte de San Pedro Mártir. Foto: Concello de Cee

Vinte persoas distribuidas en dous grupos participaron primeira camiñata do programa Cee, somos Camiño, que cubriu o tramo de San Pedro Mártir ata o Paseo Alcalde Pepe Sánchez. Participaron, entre outros, a alcaldesa, Margarita Lamela, e o concelleiro de Obras, Rubén Villar.

Efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil controlaron a marcha e encargáronse do traslado dos participantes dende a casa do concello ao punto de saída.