‘Rastros’ en Cee e ‘The Witch’ en Baio

Cultura
José M. Ramos
Escena de ‘The Witch’, espectáculo protagonizado por Diana Sieira. Foto: FEM

Costa da Morte. O auditorio Baldomero Cores de Cee acolle este venres, a partir das 20.30 horas, a representación teatral de Rastros, a cargo de Con de Tres Pés e o Centro Dramático Galego. A obra, recomendada para maiores de 12 anos, está dirixida por Lois Blanco e protagonizada por Antea Rodríguez, Muriel Pernas, Pablo Carrera e Mateo Franco. A entrada é gratuíta.

Pola súa banda, o auditorio de Baio (Zas) será escenario, á mesma hora, da presentación do espectáculo The Witch, enmarcado no Festival Escena Muller 2022, organizado pola Deputación da Coruña. É unha función dixirida ao público adulto e que está protagonizada por Diana Sieira. A entrada tamén é de balde. J. M. RAMOS