Recadarán fondos para a loita contra o cancro nos comercios de Camariñas

Solidariedade
Manuel Lavandeira
A alcaldesa, no centro en primeira fila, cos comerciantes que participan na campaña. Foto: Concello de Camariñas

COSTA DA MORTE. O comercio local de Camariñas, baixo a coordinación do Concello, recadara fondos para a Asociación Española contra o Cancro (AECC), coincidindo co Día contra o Cancro de Mama. A iniciativa foi concretada nunha reunión coa alcaldesa, Sandra Ínsua, e a concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro. Cada establecemento aportará 20 euros e, ata o próximo martes, tamén venderán máscaras solidarias. Os comercios que participan na campaña son Ricardo Mas, Óptica O Faro, Moda Azucena, Encaixes Gelina, Peluquería Animor e Encaixes Montse Freire, Oreiro Moda, O Rincón de Chus, d’Pauu, Calzados Silvia, Kerubín Moda Infantil e Sofi-Lin, de Camariñas; Moda Guillermina e Librería Ler, de Ponte do Porto; Panadería Perla, de Camelle; Floristería Alecrín, de Xaviña; Bar Pillo, Peluquería Fátima, de Arou. M. r. l.