Recepción en Zas ás campionas do mundo junior de bachata por parellas

Alba Mourelle, de Baio, e Ashley Sánchez, de Cee, foron as mellores en Varsovia
Recoñecemento
Manuel Lavandeira
Alba Mourelle, á esquerda, e Ashley Sánchez, co alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira Pilar García. Foto: C. de Zas

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación e Promoción Económica, Pilar García, ofreceron esta tarde unha recepción oficial ás campionas do mundo na categoría júnior de bachata por parellas, Alba Mourelle Costa, veciña de Baio, e á súa compañeira de baile Ashley Sánchez, veciña do Concello de Cee.

Durante o acto, Muíño deulle os merecidos parabéns e agradeucelles que levaran o nome de Zas ata o Campionato Mundial de Bailes Caribeños, celebrado no pasado mes de outubro en Varvosia (Polonia), así como polas demais competicións nas que participan. Tamén aproveitou a ocasión para entregarlle uns agasallos.