Recepción institucional ao equipo benxamín do Unión Club Cee

Deporte
Jose Manuel Ramos
As promesas do fútbol do Cee posaron coas autoridades locais cos seus diplomas e agasallos. Foto: Manuel Calo

A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, acompañada polo concelleiro de Cultura e Deportes, Juanma Buiturón, recibiron na Casa da Cultura aos integrantes do equipo benxamín do Unión Club Cee de fútbol, e aos seus técnicos e deportivos, para felicitalos pola tempada na que se proclamaron Campións da Liga da Costa. No acto participou tamén o presidente do club, Ramón Iglesias, e proxectouse un vídeo elaborado con imaxes da liga. Os xogadores e técnicos foron agasallados con diplomas, unha peza de cerámica do IES Fernando Blanco (elaborada por APEM) e, como sorpresa, o Concello convidounos a degustar unha gran tarta de golosinas.