Reclaman do Estado quince millóns para Costa da Morte

Orzamentos 2022
Manuel Lavandeira
Os nacionalistas demanda unha promoción internacional do cabo Fisterra. Foto: J. M.

Cee. O BNG de Costa da Morte entende que estas comarcas volven a saír “mal paradas” nos presupostos do Estado, e por iso presentarán emendas para que se contemplen investimentos “necesarios e extratéxicos” por valor de 15,2 millóns de euros.

Serxio Domínguez, responsable comarcal do BNG, establece cinco prioridades: o saneamento integral da ría de Corcubión “para o que resultan necesarios 10 millóns de euros”; a construción da base de loita contra a contaminación mariña no porto de Brens; a recuperación das instalacións do heliporto de Salvamento Marítimo ubicadas en Ruibo-Cee; a unión dos paseos marítimos entre Cee e Corcubión e unha actuación integral para a promoción do cabo Fisterra. M. LAVANDEIRA