Renovan a pavimentación da rampa do porto de Cee

Infraestruturas
José M. Ramos
Traballos de renovación do pavimento da rampa do porto de Cee. Foto: M. S.

Portos de Galicia puxo en marcha as obras de renovación do pavimento da rampa do porto pesqueiro de Cee. Unha actuación que fora demandada polos usuarios e que se enmarca dentro do plan de mantemento de espazos portuarios do ente autonómico. Os traballos foron contratados nun paquete conxunto con outras melloras en Lorbé, orzamentadas na súa totalidade en 50.000 euros.