Rescatan a dúas persoas maiores atrapadas nun ascensor en Cee

Rescate
Manuel Lavandeira
Avenida de Fisterra, da vila de Cee. Foto: Concello de Cee

Os bombeiros de Cee, alertados pola empresa de mantemento, tiveron que liberar esta tarde a dúas persoas de idade avanzada que quedaron atrapados nun ascensor entre a segunda e a terceira pranta dun edificio da Avenida de Fisterra. Apenas media hora despois de ser alertados, os dous veciños pudieron ser liberados.