Rescatan a un veciño de Olveira que botaban en falta dende hai tres días

O home estaba tirado na cociña, consciente e desorientado
Rescate
Manuel Lavandeira
Parque comarcal de bombeiros, en Cee. Foto: ADC Bombeiros Costa da Morte

Un veciño de Olveira (Dumbría) foi trasladado en ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee, logo de ser localizado na súa vivenda, tirado na cociña, consciente e desorientado.

O 112 Galicia solicitou a intervención dos bombeiros de Cee para abrir a porta logo de recibir a alerta denunciando que había tres días que non sabían nada deste veciño.

Ata o lugar tamén se desprazaron axentes da Garda Civil de Muxía.