Rescatan en Mazaricos a un barranquista que caeu e fracturou unha perna

Sucesos
Manuel Lavandeira
Labores de rescate do barranquista ferido en Mazaricos. Foto: GES de Muros

Un barranquista que caeu cando descendía por un barranco situado entre os concellos de Mazaricos e Serra de Outes tivo que ser rescatado este mediodía debido a que fracturou unha perna. O 112 Galicia recibiu a alerta pasadas as 13.00 horas e nas labores de rescate participaron os bombeiros de Santa Comba e Boiro, o GES de Muros e o helicóptero H-3 de Salvamento Marítimo, ademais de axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Mazaricos.

O ferido, debido á fractura que sufriu, non era capaz de abandoar o barranco por sí mesmo nin coa axuda dos compañeiros. Cando chegaron os equipos de emerxencias aínda se atopaba na auga. Logo de subilo a unha padiola de rescate, porteárono un tramo arriba polo barranco ata chegar a un claro de vexetación para que poidese baixar o rescatador do helicóptero de Salvamento Marítimo, no que foi trasladado a un centro hospitalario.