Roteiro guiado polo máxico monte Pindo

Será o domingo, día 8, e está organizado por Galicia Senderismo
Sendeirismo
Manuel Lavandeira
Os camiñantes poderán gozar das paisaxes e o patrimonio do máxico Olimpo Celta. Foto: Galicia Senderismo

O vindeiro domingo, día 8 de maio, Galicia Senderismo organizará unha ruta polo Pindo, O Fieiro, A Moa e polo máxico Olimpo Celta. As persoas interesadas deben inscribirse a través do e-mail galiciasenderismo.com/reservar-ruta/. O prezo é de 14 euros e inclúe guía coa titulación esixida pola Xunta de Galicia, seguro de responsabilidad civil e de accidentes.

A comitiva partirá ás 10.00 horas do parque do Fieiro. Completarán unha ruta circular de doce quilómetros, e o único requisito é dispor de condicións físicas axeitadas para o nivel de dificultade da ruta. Poderán participar persoas de entre 14 e 70 anos. Recoméndase levar roupa de deporte cómoda e axeitada á meteoroloxía, botas de montaña, unha mochila co equipamento necesario para practicar sendeirismo, bastóns de trekking, auga e comida.