Saltarín choutou ata o faro de Fisterra

Xuntanza
José M. Ramos
Jacinto Picallo, á esquerda, Mercedes, Guadalupe Vázquez, Isidro Caamaño e Jesús Picallo, ao pé do faro de Fisterra. Foto: M. S.

A profesora e escritora ceense Guadalupe Vázquez Formoso levou a Saltarín, o personaxe do seu conto bilingüe (galego-inglés) Chouta, Saltarín! Hop, Little Grasshoper! ata o fin da terra. No hotel O Semáforo, de Fisterra, a esperaban os xerentes do establecemento, Jesús e Jacinto Picallo. Alí atopouse tamén con Isidro Caamaño, e a súa dona Mercedes, exdirector do colexio Manuela Rial, de Cee, -no que Guadalupe exerce de mestra- e pais da coñecida artista ceense afincada en Madrid, Rocío Caamaño.