Sempre Corcubión demanda o arranxo do reloxo da igrexa

Política municipal
Manuel Lavandeira
Reloxo da igrexa de Corcubión. Foto: Alfredo González

O portavoz de Sempre Corcubión, Alfredo González, asegura que reloxo da igrexa “leva semanas sen marcar a hora, aínda que o son si funciona, as agullas están paradas”. Sinala que o Concello “é o propietario desta peza que forma parte do patrimonio municipal, e como tal debería preocuparse do seu mantemento e non mirar cara a outro lado”

Dende o seu grupo, engade, “vemos o pouco interese por parte do goberno de Lalo Ínsua en que funcionen ben as cousas en Corcubión”.