Sempre Corcubión denuncia un vertido de augas residuais no paseo marítimo

Medio Ambiente
Manuel Lavandeira
Vertido de augas residuais ao carón do paseo marítimo corcubionés. Foto: Sempre Corcubión

O portavoz de Sempre Corcubión, Alfredo González, vén de denunciar a existencia dun vertido de augas residuais no paseo marítimo da vila corcubionesa, ao carón da praia da Viña.

Asegura que se “está creando unha situación insalubre e esto hai que emendalo o máis axiña posible”, polo que pide ao Concello que “adopte as medidas precisas para resolver o problema dun xeito definitivo”.