Sempre Corcubión solicita que se nomee Fillo Adoptivo a Darío Xohán Cabana

Política municipal
Manuel Lavandeira
Alfredo González, portavoz de Sempre Corcubión, cunha das obras de Darío Xohán Cabana. Foto: S. C.

Coincidindo coas celebracións do Día das Letras Galegas, o portavoz de Sempre Corcubión, Alfredo González García, presentou unha moción solicitando que a corporación local acorde nomear Fillo Adoptivo de Corcubión, a título póstumo, ao académico e escritor Darío Xohán Cabana, finado o pasado mes de novembro. Lembra que “foi traballador do noso Concello e deixa unha obra literaria de enorme calidade”.