Solpor promociona o Camiño a Fisterra e Muxía na Fairway de Santiago

Ferias
El Correo Gallego
O presidente de Solpor, Jesús Picallo, terceiro pola esquerda, co resto de directivos na Fairway. Foto: Solpor

A asociación Solpor, Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía conta cun stand propio na feira Fairway, de Santiago, para promocionar a prolongación da ruta xacobea ata o finisterrae.

Ata alí desprazáronse o seu presidente, Jesús Picallo; a vicepresidenta, Alexia Benlloch; o secretario Sergio Picallo; o tesoureiro, Toño Gonzalez; e o vogal Antonio Lema. Ao longo da primeira xornada participaron en diversos workshops coas diferentes entidades alí representadas.

Solpor presentou tamén este luns, nun espazo conxunto coa CEMAT, un novo vídeo promocional no que se pon en valor o Camiño a Fisterra e Muxía. Asemade, no encontro falouse dunha nova estratexia para a dixitalizacion e formación dos asociados, das análises dos clientes (Big Gata), a creación dun portal propio de reservas e do investimento na promoción da ruta, así como da tarxeta de fidelización Galicia Emotion. O martes participarán nunha presentacion sobre o Camiño Seguro Xacobeo 2022.

Algúns dos directivos están a manter tamén encontros con axencias como Tee Travel, Rau Travel, Camino Santiago Reservas, Piligrim e Viaxes Viloria, entre outras, para dar a coñecer o mapa e a credencial coa información de todos os asociados.

Polo stand de Solpor pasaron xa a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e os alcaldes de Dumbría, Vimianzo, Fisterra e Mazaricos.