Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A TVG celebra hoxe o Días das Letras cunha grella moi especial

Dobre sesión de cinema galego, esta noite, que comeza coa estrea en aberto dun filme de Oliver Laxe: ‘O que arde’

A celebración do Día das Letras Galegas ten hoxe unha presenza destacada na programación da Galega, con propostas específicas dedicadas a Xela Arias, a autora homenaxeada este ano pola Real Academia Galega. Unha oferta cinematográfica destacada, o Concerto das Letras e un programa cultural monográfico son os pratos fortes destes contidos especiais. Coma é costume, os servizos informativos trasladarán os variados eventos que se desenvolvan con motivo da efeméride. Dobre sesión de luxo de cinema galego, esta noite, para celebrar o Día das Letras Galegas na TVG, que comeza coa estrea en aberto en televisión da premiada O que arde, dirixida por Oliver Laxe, e continúa coa emisión de A Esmorga, de Ignacio Vilar, ambas participadas pola Televisión de Galicia.

Rodada nos Ancares, O que arde achégase á problemática dos incendios forestais en Galicia, a partir da historia dun pirómano que regresa a casa da súa nai, tras cumprir condena. Os protagonistas desta relación entre nai e fillo son Amador Arias e Benedicta Sánchez. Estreada en cines en outubro de 2019, O que arde é unha das producións más importantes dos últimos anos do panorama galego e a película en lingua galega máis vista en cines da historia, por riba da histórica Sempre Xonxa (1989), de Chano Piñeiro. No Festival de Cine de Cannes de 2019 foi distinguida co Premio do Xurado na sección Unha certa mirada. En Cannes tamén recibiu galardón á mellor creación sonora e é a primeira obra en galego a competición no festival francés. Nos Goya recibiu os galardóns á actriz revelación, que recolleu Benedicta Sánchez, e o de mellor dirección de fotografía (Mauro Hercé). Recibiu, amais, catro premios no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata, entre eles, o Mellor Filme e Mellor Guión da competición internacional.

A continuación, a TVG continuará celebrando o día grande da nosa lingua e da nosa cultura, coa emisión doutro dos maiores éxitos recentes do cinema galego, A Esmorga. Adaptación cinematográfica, a cargo de Ignacio Vilar, da obra máis emblemática de Eduardo Blanco Amor, con Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán Morris como protagonistas, l.

E ZigZag desenvolverá este luns un programa especial na honra da figura de Xela Arias. O estudio recibirá a visita de Darío Gil Arias, fillo da escritora, para afondar na imaxe (tanto persoal como profesional) da autora recoñecida neste ano 2021. O espazo contribuirá, a través de reportaxes arredor da súa biografía e obra, ao coñecemento da escritora, poeta, profesora e tradutora galega, falecida en Vigo en 2003. Ademais, no ámbito musical, desenvolverase unha sección de música para Xela Arias.

E este Día das Letras Galegas será ben entretido no Quen anda aí?. O programa interesarase pola vida de Xiao, unha muller chinesa que casou cun policía local de Carballo, como acabou en Galicia e como aprendeu o idioma serán algunhas das cousas que lle se lle preguntarán. Paloma e Iago xa o tiñan aprendido, pero agora os dous encárganse de espallar a nosa cultura por Finlandia e ata alí irá o programa para que llo conten aos espectadores desta xornada especial para a Televisión de Galicia.

17 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.