Subvención do Concello de Cee para o mantemento do Museo Fernando Blanco

A alcaldesa, Margarita Lamela, e a presidenta da Fundación, Chelo Trillo asinaron este martes o acordo
Colaboración
Manuel Lavandeira
Margarita Lamela, á esquerda, e Chelo Trillo asinando o convenio de colaboración. Foto: Darío Areas

A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, e a presidenta da Fundación Fernando Blanco de Lema, Chelo Trillo, asinaron este martes o convenio que regula a subvención nominativa correspondente ao ano 2022, que o Concello ceense outorga á Fundación coa finalidade de contribuír á financiación dos gastos de funcionamento do Museo Fernando Blanco.

O espazo museístico abrirá as súas portas durante a Semana Santa no horario habitual, de martes a sábado de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.00 horas.