Tarde de fados no Bela Fisterra

María do Ceo deleitou coa súa voz e a súa música a duascentas persoas
Música
Manuel Lavandeira
Concerto de María do Ceo no Hotel Bela Fisterra. Foto: Pepe Formoso

A artista galega María do Ceo encheu de fados e de sentimento galego o Hotel Bela Fisterra nun concerto no que duascentas persoas puideron gozar dun repertorio máxico, no que estiveron moi presentes grandes nomes como Rosalía de Castro e Amalia Rodrigues, entre outros.

A actuación, que foi de balde para os asistentes, contou co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da familia adegueira Méndez Rojo, e coa colaboración do Concello de Fisterra.