Traballo para vinte e tres persoas no Concello de Muxía

Emprego
Jose Manuel Ramos
Oficina municipal de turismo da vila da Barca. Foto: Concello de Muxía

Costa da Morte. O Concello de Muxía contratará oito operarios de limpeza de praias durante dous meses e medio e un técnico de turismo ao longo de seis meses. Ambos procesos selectivos contarán co financiamento por parte da Deputación da Coruña, e desde o grupo de goberno destacan tamén “a importancia deste reforzo de persoal de cara a tempada alta de verán, xa que queremos ter unhas praias e unha oficina de turismo á altura das necesidades de turistas e veciñanza”.

Por outra banda, contratarán quince operarios de servizos múltiples para realizar traballos de limpeza e adecuación do rural, financiados a través do Plan de Emprego Local da Deputación. As intervencións realizaranse de xuño a novembro. “Unha das prioridades deste goberno local é o coidado e mantemento do noso rural e daremos así unha cobertura completa e un servizo de calidade a nosa veciñanza”, afirmou o alcalde muxián, Iago Toba. J. M.