Túnel dos viños de Monterrei no Bela Fisterra

Xornadas
Manuel Lavandeira
Fachada do hotel Bela Fisterra. Foto: B. F.

O hotel Bela Fisterra acollerá o sábado, día 21, un túnel do viño e unha exposición dos lagares rupestres dos milenarios viñedos da Denominación de Orixe Monterrei. A cita é de 17.00 a 21.00 horas. As prazas son limitadas, polo que os interesados poden obter máis información no correo electrónico info@paadin.es ou chamando ao 678 577933.