Un ferido nunha colisión en Vimianzo

O accidente tivo lugar en Castrelo, na estrada de Baíñas
Accidente de tráfico
Manuel Lavandeira
Accidente de tráfico na estrada de Vimianzo a Baíñas, á altura de Castrelo. Foto: Cedida

Unha colisión fronto-lateral entre un turismo e unha furgoneta na estrada que une Vimianzo e Baíñas, á altura de Castrelo, deixou a un dos condutores feridos, polo que tivo que ser trasladado en ambulancia a un centro sanitario.

O accidente prodúxose pouco antes das 8.00 horas, e o 112 mobilizou ata o lugar unha ambulancia do 061 e un equipo de bombeiros do parque comarcal de Cee. Tamén se desprazou á zona unha patrulla da Garda Civil de Tráfico.

O labor dos bombeiros centrouse na atención á persoa ferida e, despois, retiraron da vía dos restos acumulados a raíz do accidente.