Un ferido tras envorcar un vehículo na estrada AC-550 á altura de Ameixenda

Accidente de tráfico
Manuel Lavandeira
Bombeiros de Cee no lugar do accidente na estrada de Cee a Muros. Foto: ADC Bombeiros Costa da Morte

O condutor dun turismo resultou ferido e tivo que ser trasladado en ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee, logo de sairse da vía, bater contra o noiro da cuneta, e volver a estrada, onde o coche quedou envorcado, segundo informan os bombeiros do parque comarcal ceense.

O accidente tivo lugar ás 15.00 horas no punto quilométrico 6 da estrada AC-550, á altura de Ameixenda, no municipio de Cee. Os bombeiros colaboraron coa Garda Civil de Tráfico na retirada do vehículo para poder habilitar a circulación nos dous sentidos, e despois lavaron o asfalto dado que o turismo perdeu aceite e combustible.