Veciños e veciñas de Vimianzo desfrutan dunha estancia de catro días en Sanxenxo

O Concello recuperou así as excursións de maiores
Excursións
Manuel Lavandeira
Veciños e veciñas de Vimianzo acompañados da alcaldesa, que os visitou este xoves, en Sanxenxo. Foto: Concello de Vimianzo

O Concello de Vimianzo recupera as excursións de maiores cunha viaxe ao balneario Hotel Carlos I, de Sanxenxo. Dende o pasado luns e ata o xoves, día 26, os participantes, acompañados da concelleira de Benestar Social, María José Pose, desfrutan dun completo programa, que incluíu almorzo en ruta o día de saída, estancia de tres noites no hotel en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea), acceso ao balneario todos os días da viaxe, baile despois das ceas, paseo en barco, seguro de viaxe, degustación da exquisita gastronomía da zona e andainas pola localidade.

Os veciños e veciñas vimianceses recibiron este mércores a visita da alcaldesa, Mónica Rodríguez, quen asegurou que “é unha inmensa ledicia que os maiores recuperen a actividade para poder descubrir sitios novos e poder pasalo da mellor maneira posible”.