Ventá radiofónica dende o faro de Fisterra

Radio
Manuel Lavandeira
Jesús Picallo, á esquerda, Guadaldupe Vázquez e o seu fillo Antón Sambade, con Carles Francino e o alcalde José Marcote. Foto: M. S.

O faro de Fisterra converteuse este venres nun estudo de radio para acoller a emisión en directo do programa La Ventana, da Cadena Ser, que dirixe Carles Francino. Aos seus micrófonos achegáronse o último fareiro que xestionou o sinal lumínico da fin da Terra, Agapito Mendoza, e o vicepresidente do Clúster de Turismo de Galicia, Jesús Picallo, ademais dos periodistas Mara Torres, Isaías La Fuente e Fran Hermida. A música correu a cargo do grupo Sidecars.

Ata o faro achegáronse tamén o alcalde fisterrán, José Marcote, e a mestra e escritora ceense Guadalupe Vázquez Formoso, autora do conto bilingüe (galego-inglés) Chouta, Saltarín! Hop, Little Grasshoper!, entre outros.