Víctor Castiñeira presenta o sábado en Cee o libro adicado a Domingo de Andrade

A cita é ás 21.15 horas no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura
Cultura
José M. Ramos
Víctor Manuel Castiñeira, historiador e técnico de Cultura do Concello de Cee. Foto: Rafa Quintáns

O historiador e técnico de Cultura ceense Víctor Manuel Castiñeira presenta este sábado, día 14 de maio, o libro De Cee a Compostela: unha achega á figura de Domingo A. de Andrade.

Estará acompañado pola alcaldesa, Margarita Lamela, e o presidente da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, Felipe Senén. A cada un dos asistentes entregaráselles de balde un exemplar da obra.