Víctor Castiñeira presentou en Cee a obra adicada ó arquitecto Domingo de Andrade

Presentación
Manuel Lavandeira
Víctor Castiñeira, á esquerda, coa alcaldesa, Margarita Lamela, e o presidente de Amigos dos Museos de Galicia, Felipe Senén. Foto: Fernando Fraga

Despois da presentación na Coruña, o Auditorio Baldomero Cores, de Cee, acolleu esta fin de semana a presentación do libro De Cee a Compostela: un achegamento á figura de Domingo Antonio de Andrade, obra do historiador e técnico de Cultura Víctor Castiñeira. No acto, que foi seguido por numeroso público, participaron a alcaldesa ceense, Margarita Lamela, e o presidente da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, Felipe Senén.