Vimianzo acolle o sábado a presentación do proxecto ‘A Costa das Mulleres’

25-N
Manuel Lavandeira
Protagonistas do documental ‘A Costa das Mulleres’ promovido polo GDR Costa da Morte. Foto: GDR

A Casa da Cultura de Vimianzo acolle o sábado, día 20 ás 11.00 horas, a presentación do proxecto ‘A Costa das Mulleres: Experiencias de Mulleres da Costa da Morte e vídeos contra a violencia de xénero’, impulsado polo GDR. Unha iniciativa que inclúe un documental e microvídeos nos que os nenos e nenas gravan e crean frases de micromachismos e vídeos.

No acto participarán a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o presidente do GDR Costa da Morte, Manuel Muíño; Lucía Calvo Marozos, de La Despensa D’Lujo, outra das protagonistas; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; e o subdirector de Relacións cos GDRs, Moisés Blanco Paradelo.