Vimianzo alerta dunha posible estafa vinculada ao bono social da luz

Detectaron en Treos a dous individuos que se fan pasar por comerciais dunha subministradora eléctrica solicitando datos persoais aos veciños
Estafa
Manuel Lavandeira
Los presuntos estafadores recorrieron varias casas de la parroquia de Treos. Foto: C. V.

O Concello de Vimianzo advirte dunha posible estafa en Treos tras rexistrar varios casos de dous individuos que se fan pasar por comerciais dunha subministradora eléctrica e piden, porta a porta, datos persoais e medicións dos contadores coa excusa de tramitar o bono social da luz.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, púxose en contacto coa empresa subministradora nesta zona para corroborar esta posible ilegalidade, e os feitos xa están en coñecemento das autoridades. O obxectivo destas persoas é captar novos clientes sen saber que se cambian de compañía para asinar contratos cunhas condicións abusivas.

Desde o Concello rógase precaución e que, de ter coñecemento, as persoas afectadas se poñan en contacto ca Garda Civil para poñer freo a esta posible estafa.