Vimianzo iluminou o Nadal

Nadal
Manuel Lavandeira
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, á esquerda, con comerciantes e hostaleiros presentando a nova marca. Foto: C. V.

O Concello de Vimianzo acendeu este venres as luces de Nadal, nun acto celebrado na praza do Concello con animación para a rapazada, o concerto de Tania Caamaño Trío e unha chocolatada.

Previamente presentouse a nova imaxe de marca do comercio e hostalaría de Vimianzo. Ata o 8 de xaneiro estará operativa a campaña Merca en Vimianzo, mediante a cal, as persoas que xunten 5 cupóns de compra en comercios adheridos á campaña e 5 na hostalaría poderán participar no sorteo de 3.500 euros en vales para gastar neses establecementos. A información pódese consultar na web do Concello de Vimianzo (vimianzo.gal), nas redes sociais e nos locais que se sumaron á iniciativa.