Visita da escritora Concha Blanco á biblioteca Francisco Mayán de Cee

Fixo un percorrido pola exposición bibliográfica que se poderá visitar ata o 25 de xuño // Estivo acompañada pola alcaldesa, Margarita Lamela, e o bibliotecario José R. Rey
Homenaxe
Jose Manuel Ramos
A alcaldesa, á dereita, agasallou á escritora cunha escultura do IES Fernando Blanco. Foto: Concello de Cee

Este luns continuaron os actos de homenaxe á éscritora ceense Concha Blanco. A alcaldesa, Margarita Lamela acompañou á autora na súa visita á mostra bibliográfica que se pode ver na Biblioteca Pública Municipal Francisco Mayán.

A alcaldesa fíxolle entrega a Concha Blanco dunha escultura do Instituto Fernando Blanco realizada polos usuarios de APEM e do escudo do concello de Cee. Recordar que a mostra estará exposta ao público ata o día 25 de xuño.