A andaina solidaria de Cumes recadou 1.457 € para Pediatría do CHUS

Andaina
Suso Souto
Saída dos participantes na andaina solidaria de Lousame. Foto: C.L.

LOUSAME. Máis de 220 persoas participaron este sábado na Andaina Solidaria e Belén de Cumes, en Lousame, organizada polo Concello en colaboración coa Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva e cuxa recadación (1.457 euros) foi integramente para a Obra Social de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Os camiñantes saíron cara a área de lecer de Brandia, onde coñeceron as ruínas da papeleira, e despois seguiron a ruta do río Vilacoba ata Fontán, dende onde se desviaron ata San Xusto de Toxosoutos. Un fermoso percorrido a carón do río no que desfrutaron de ata tres fervenzas. Unha vez en Toxosoutos, montaron o tradicional Belén de Cumes, un típico Nacemento con figuras de gran tamaño que cada ano se adoita montar nunha igrexa dunha das parroquias de Lousame. s. s.