A Pobra acolle a presentación da nova novela de Torrado

Literatura
Suso Souto
Patricia Torrado Queiruga.

A Pobra. O auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra acollerá este venres, día 1 ás 20.00 horas, a presentación da novela infantil Don Carlos e o misterio dos lucecús, da escritora, xornalista e museóloga sonense Patricia Torrado Queiruga. O acto está organizado polo Concello en colaboración con Baía Edicións e a asociación Barbantia.

Ademais da propia autora, intervirán a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, a escritora Fina Casalderrey e a editora Belén López.

As prazas cubriranse por orden de chegada ata completar o aforo, respectando as medidas contra a covid. Patricia Torrado é licenciada en Filosofía pola USC, museóloga, experta en conservación e restauración do patrimonio e xestora cultural. s. souto