A Pobra acolle este venres un acto informativo sobre a compostaxe doméstica

compostaxe
Suso Souto
Imaxe dun composteiro.

a pobra. Co obxectivo de informar á veciñanza sobre a compostaxe doméstica e resolver as dúbidas que poidan presentar ao respecto, este venres 29, de 16.00 a 19.00 horas, establecerase un posto informativo na alameda da Pobra. Posteriormente, a partir das 20.00 horas, impartirase no Teatro Elma unha charla formativa sobre a xestión da materia orgánica na orixe, aberta a toda a cidadanía, coincidindo coa convocatoria para a entrega de composteiros individuais e material divulgativo aos novos fogares participantes ao abeiro da terceira campaña do programa de autocompostaxe en vivendas unifamiliares impulsado pola concellería de Medio Ambiente da Pobra. s. souto