A Pobra acolle un curso sobre o aproveitamento dos excedentes agrarios

Agricultura
Suso Souto
Imaxe dunha horta ecolóxica. Foto: G.

a pobra. No marco do proxecto formativo sobre o aproveitamento de excedentes agrarios posto en marcha polo Concello da Pobra, o auditorio da localidade acollerá o vindeiro mércores día 26 ás 19.00 horas unha charla que impartirá Conchi Mogo, técnica do Sindicato Labrego Galego, quen abordará as cuestións económicas no relativo á venda dos excedentes da produción agrícola a pequena escala. A actividade está aberta a toda a cidadanía, pero as persoas interesadas en asistir deben inscribirse chamando ó número de teléfono 981 843 280, ou enviando un email ó enderezo promocion.economica@apobra.gal. Dito proxecto busca, entre outras cousas, fomentar o consumo de alimentos de proximidade, xerar actividade económica a partir dos produtos de tempada, dinamizar o comercio local e fomentar a actividade agraria. s. souto