A Pobra acolle un tributo a Metallica o xoves día un

Concertos
Suso Souto
A banda Stoned At Pompeii ofrecerá un tributo a Metallica o día un na Pobra. Foto: Stoned At Pompeii

A Pobra. O rock e o metal imperarán na Pobra do Caramiñal os vindeiros días 2 e 3 coa quinta edición do festival Entrebateas, que volve á vila tras dous anos de parada por mor da pandemia. A cita terá lugar na Praza Alcalde Segundo Durán cun cartel organizado conxuntamente entre a concellería de Cultura e a asociación cultural Xente ás Leiras.

O ritmo do venres día 2 virá marcado por Heredeiros da Crus, Rebeliom do Inframundo, Agoraphobia e Youcanthide, mentres que o sábado día 3 estará protagonizado por Soziedad Alkoholika, Golpe Radikal, Stoned At Pompeii e Hybrid Park.

As entradas aínda se poden adquirir a través da páxina web www.entrebateas.com. O bono para a totalidade do festival ten un prezo final de 30,54 euros, mentres que para cada un dos días se establece en 20,36 euros.

Como actividade complementaria, Stoned At Pompeii ofrecerá un tributo a Metallica ao abeiro do ciclo Sons da Vila, concerto que porá o broche final a esta programación e servirá á súa vez como preparty do Entrebateas. Esta sesión musical comezará ás 21.00 horas do xoves 1, na Praza Paulino Santos. O acceso é libre, pois o evento busca dinamizar as contornas das terrazas hostaleiras. s. s.