A Pobra agasallou aos gañadores da iniciativa virtual do Día do Libro

Día do Libro
Suso Souto
ENTREGA. Patricia Lojo, esquerda, e José Carlos Vidal, dereita, cos gañadores. Foto: C.P.

A POBRA. A concelleira de Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo, fixo entrega de agasallos ás persoas agraciadas no sorteo realizado entre todas aquelas participantes na iniciativa virtual APobraLe, impulsada con motivo da celebración do Día Mundial do Libro, o pasado 23 de abril. Antonio Manuel Vidal Sánchez, Miriam Brión Insua e Laura Bautista Outeiral recibiron o presente consistente nuns libros da man da concelleira e do bibliotecario municipal, José Carlos Vidal. Non puido estar presente no acto Nuria Noal Piñeiro, á cal se lle fará a entrega tamén nos vindeiros días. A mencionada actividade cultural foi organizada pola administración local pobrense e configurouse a través da páxina municipal da rede social Facebook dada a situación epidemiolóxica derivada da COVID que atravesaba o municipio por aquelas datas. Suso souto