A Pobra amplía ás tardes o servizo para promover a conciliación este Nadal

conciliación
Suso Souto
Papá Noel xa visitou o pasado día 16 ós usuarios do Centro de Atención á Discapacidade da Pobra. Foto: C.P.

A POBRA. O Concello da Pobra incorporou á programación de Nadal dúas actividades dirixidas a fomentar a conciliación polas tardes para outorgar maiores facilidades ás familias nunhas datas nas que a rapazada está de vacacións. Así, ao obradoiro de Nadal que se celebra na quenda de mañá súmanse outros dous servizos de balde: o Espazo de Coidados Divertidos e o Nadal Móbil. O primeiro terá lugar do 26 de decembro ao 4 de xaneiro, de luns a xoves, de 17.00 a 21.00 horas, no toldo instalado na Praza Alcalde Segundo Durán, onde haberá obradoiros relacionados con esta época do ano a cargo de monitorado especializado, pintacaras e inchables para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Requírese a inscrición previa. E o día 30 de decembro habilitarase un Nadal Móbil con varias actividades para as crianzas, dende as 18.00 (non é preciso anotarse). S. S.