A Pobra celebra este domingo un espectáculo infantil na praia e a feira mariñeira

Artesanía
Suso Souto
Un dos postos da feira mariñeira da Pobra. Foto: Suso Souto

a pobra. A Praza Maior da Pobra acolle estes días, no marco da programación da Semana do Mar, un animado mercado mariñeiro que pode visitarse ata este domingo. Unha vintena de postos ofrecen todo tipo de artigos de artesanía e produtos gastronómicos. Tamén este domingo terá lugar na praia do Areal, dende as 11.00 ata as 12.30 horas, a actividade infantil A pescar a troula, que consistirá en contacontos, títeres, maxia mariñeira, contaxogos, etcétera. E, finalmente, o vindeiro sábado día 28, o xornalista Manuel Gago ofrecerá un paseo guiado polo litoral pobrense, titulado Contos, lendas e historias a carón do mar. O percorrido comprende dende a praia da Illa ata o convento de Santo Antonio. Establécese como punto de encontro a explanada portuaria, ás 10.45 horas, dende onde un autobús trasladará ós participantes ata o areal. s. s.