A Pobra convoca un concurso para contratar persoal de mantemento

Ofértanse postos de electricista e condutor ou para limpeza de vías e espazos naturais
Contratos públicos
Suso Souto
Imaxe aérea da Pobra do Caramiñal.

A Pobra. O Concello da Pobra acaba de convocar as probas selectivas mediante un concurso-oposición para a cobertura temporal de postos das brigadas de obras de mantemento. Concretamente, os postos de traballo ofertados son os de operarios de servizos varios, de limpeza viaria e espazos naturais, de electricista e de condutor.

As solicitudes para presentarse ó concurso entregaranse a través da sede electrónica municipal ou no rexistro xeral do Concello da Pobra do Caramiñal, en horario de 08.00 a 14.00 horas, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), que tivo lugar este xoves día 25 de febreiro.

As persoas aspirantes deberán reunir unha serie de requisitos, referidos á data en que remate o prazo de presentación de instancias, ademais dos de carácter especial en función do posto a que se opte. No caso de contratos realizados dentro do programa PEL-Concellos da Deputación da Coruña tamén resultará preciso cumprir unhas condicións específicas. s. s.