A Pobra destina 7.500 € euros a subvencionar o transporte a estudantes

Transporte escolar
Suso Souto
Fachada da casa consistorial da Pobra. Foto: Turismo.gal

A POBRA. O Concello da Pobra convoca unha liña de axudas para o estudantado local no relativo ao desprazamento a centros de ensino no curso 2021-2022. A contía é de 7.500 €. O importe máximo para cada beneficiario oscila entre 100 e 150 €, dependendo da distancia ó centro de estudos. Poderán ser beneficiarios quenes cursen ensinos universitarios adaptados ó Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de grao e de máster; ensinos universitarios para os títulos oficiais de licenciatura, enxeñaría, arquitectura, diplomatura, mestre, enxeñaría técnica e arquitectura técnica; complementos de formación para o acceso ó máster, grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura; ensinos de FP; educación especial ou Bacharelato para opcións non ofertadas nos centros da Pobra ou que non teñan prazas. s. s.