A Pobra fusiona música, danza e teatro co festival DiversidArte no Rural

Diversidade
Suso Souto
PRESENTACIÓN. A edil de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, esquerda, e a directora do Centro de Atención á Discapacidade, Julia Rial, na presentación do festival. Foto: C. da Pobra

a pobra. A música, a danza e o teatro imperarán o sábado 28 en Santo Isidro de Posmarcos, na Pobra, con motivo do proxecto DiversidArte no Rural, xestionado pola Asociación Poten100mos. Comezará ás 19.00 horas na pista deportiva de dita parroquia (en caso de choiva, trasladarase ao Teatro Elma) e a entrada é libre. A programación consta dunha exhibición de danza, A guerrilla da concordia, e unha performance sobre a guerra, O meu amigo José, da man do Grupo de Teatro do Centro de Atención á Discapacidade, mentres que o eido musical correrá a cargo de Ensamble Superarte do Conservatorio Profesional de Música da Coruña, cun variado repertorio composto por unha ducia de cancións. Este festival artístico puramente inclusivo tamén terá unha vertente solidaria, pois nel recadaranse fondos a favor de Ucraína. suso souto