A Pobra iniciarase na compostaxe da man da asociación Adega

Nunha primeira fase repartiranse medio cento de composteiros entre veciños do Xobre
compostaxe
Suso Souto
Imaxe dun composteiro como os que se repartirán na Pobra.

A Pobra. O colectivo ecoloxista Adega encargarase de xestionar o novo programa de compostaxe que impulsa o Concello da Pobra, que vén de recibir unha axuda do Ministerio para a Transición Ecolóxica para implantar a compostaxe individual e comunitaria e un programa educativo nun centro de ensino.

O obxectivo é que os veciños comecen a xestionar os seus residuos orgánicos transformándoos en compost, implicándose na súa xestión e reducindo os residuos que se envían a Sogama.

Adega colabora coa planificación do proxecto e coa impartición da formación, fomentando o cambio cara a unha xestión municipal dos residuos que prime a prevención e a recuperación do lixo, nomeadamente, da materia orgánica. O Concello repartirá 50 composteiros entre a veciñanza do Xobre para, posteriormente, ampliar o programa a outras parroquias.

O colectivo dará unha charla ás persoas participantes no día da recollida do composteiro e, posteriormente, fará varias visitas aos domicilios para resolver dúbidas. Esta formación prolongarase ao longo de 9 meses, que é o período que se tarda en obter o primeiro compost, e durante o cal Adega fará o seguimento.

Para explicar ós cativos como funciona a compostaxe, colocarase un composteiro nun centro de ensino. s. s.