A Pobra ofrece un curso de operacións de bar con 4 empregos garantidos

Formación
Suso Souto
A edil de Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo, esquerda, e a orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez, na presentación do curso. Foto: C.P.

a pobra. O Concello da Pobra organiza un curso de operacións básicas de cafetería e bar co cal crear un novo mecanismo de cualificación laboral que redunde nunha mellora da formación e da empregabilidade. Constará de 39 horas lectivas e as clases impartiranse do 9 ó 26 de maio, de luns a xoves, de 18.00 a 21.00 horas, nun establecemento hostaleiro da localidade. A materia divídese en dúas partes: unha específica de camareiro/a e outra de manipulación de alimentos. Ademais, existe un compromiso de contratación, polo cal, das doce persoas participantes, catro comezarán a traballar unha vez finalizada a formación.

A inscrición estará aberta do 19 ó 25 deste mes a través do rexistro do Concello, tanto físico como telemático. As prazas cubriranse pola orde de entrada. Para máis información habilítase o teléfono de contacto 981 377 610. s. s.