A Pobra pasará revista ó seu patrimonio relixioso e ás necrópoles nun foro

Patrimonio cultural
Suso Souto
PRESENTACIÓN. Pola esquerda, José Carlos Vidal; o alcalde, Lois Piñeiro; Manuel Gago; e a edil de Cultura, Patricia Lojo, presentaron o ciclo A Pobra do Caramiñal no tempo. Foto: C.P.

a pobra. As necrópoles, o patrimonio relixioso, a Guerra da Independencia e a industria da enerxía eléctrica son os catro piares sobre os cales se asenta a quinta edición de A Pobra do Caramiñal no tempo, as xornadas de divulgación sobre a historia, o patrimonio e a cultura pobrense que se desenvolverán os días 10 e 11 de setembro no Teatro Elma da vila. O sábado 10 sucederanse dende as 16.30 horas as charlas sobre as necrópoles tardoantigas e altomedievais da Pobra e do Barbanza, a cargo de Laura Blanco; a Capela de Alba da igrexa de Santiago do Deán (Begoña Fernández); as rías galegas e A Pobra na Guerra da Independencia (Manuel Gago); e as eléctricas no Barbanza (Xoan Carmona). O domingo 11 ás 10.30 horas haberá unha visita guiada ós sartegos do Pomar, na parroquia de Santo Isidro de Posmarcos, e á Capela de Alba. s. souto