A Pobra premiou con cestas de Nadal as decoracións de cinco balcóns e fachadas

Decoración navideña
Suso Souto
ENTREGA. Charo Varela co veciño de Pontenaveira (Santa María A Antiga do Caramiñal) que gañou unha das cestas de Nadal. Foto: C. da Pobra

A Pobra. A concelleira de Promoción Económica da Pobra, Charo Varela, fixo entrega dos premios ás persoas gañadoras da segunda edición do concurso de embelecemento de balcóns e fachadas polo Nadal.

Consistiron en cadansúa cesta do Nadal valorada en 300 euros e composta de produtos locais, axudando tamén á dinamización e posta en valor do comercio de proximidade.

O certame contou coa participación de 30 fogares de todas as parroquias do municipio. Un xurado determinou que as distincións recaesen nunha vivenda do lugar da Pontenaveira (Santa María A Antiga do Caramiñal), noutra da rúa do Castelo (Santiago do Deán), nunha da Mercé (Santo Isidro de Posmarcos), nunha vivenda do lugar de Tarrío (Santa Cruz de Lesón) e noutra da rúa Areos (Santa María do Xobre).

As decoracións premiadas seguirán instaladas ata o día seis. s. s.