A Pobra realiza melloras de accesos en Outeiro, Santo Isidro e A Costa

Infraestruturas viarias
Suso Souto
VISITA. O alcalde, Lois Piñeiro, e a edil de Servizos Sociais, Estefanía Ramos, na Costa. F: C.

a pobra. O Concello da Pobra puxo en marcha un proxecto de melloras viais con cargo ao crédito aprobado no pleno por 300.000 euros. Unha das obras focalízase na parroquia de Santo Isidro de Posmarcos e comprende dous tramos: do Cruceiro Novo ao Foxo e de Armental á Conga. Comezou xa coa limpeza de cunetas e coa súa perfilaxe para, posteriormente, estender aglomerado asfáltico e adaptar as tapas de rexistro existentes á nova cota de rasante da estrada. A empresa Fermín Simal S.L. é a encargada da súa execución e ten un investimento de 46.197 €. Ademais, finalizou a obra na pista do Outeiro para dar acceso ás vivendas, e no lugar da Costa asfaltáronse dous camiños para dar entrada a domicilios. Neste proxecto de mellora inclúense máis accións futuras no ámbito rural como, por exemplo, na Gándara ou en Gonderande. suso souto