A Pobra sube a contía do certame literario Carlos Mosteiro a tres mil euros

Certame literario
Suso Souto
PRESENTACIÓN. Pola esquerda, Cartea, Patricia Lojo, Castro e Lourdes Briones. Foto: C.P.

A POBRA. A concelleira de Cultura da Pobra, Patricia Lojo; o director xeral da editorial Galaxia, Francisco Castro; e o presidente da asociación cultural Barbantia, Manuel Cartea, presentaron a cuarta edición do concurso de literatura infantil Carlos Mosteiro, para promocionar aos novos autores e autoras en lingua galega de literatura infantil e homenaxear ó mencionado escritor, veciño da localidade e falecido en 2017. Terá unha dotación económica de tres mil euros, duplicándose a contía respecto a edicións anteriores. Poderán participar nenos e nenas de 3 a 12 anos. O prazo de recepción de orixinais está aberto ata o vindeiro día 30 de outubro. O ditame do xurado darase a coñecer o día 30 de novembro e a entrega do premio será no mes de decembro. Na presentación participou tamén Lourdes Briones, viúva de Carlos Mosteiro. S. S.