A Pobra terá un campus de emprendemento con perspectiva de xénero

Coworking
Suso Souto
CONVENIO. Pola esquerda, Valentín González, Lois Piñeiro e José Ramón Rioboo. Foto: D.C.

a pobra. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde da Pobra, Lois Piñeiro, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, asinaron o convenio que permitirá dinamizar o centro de coworking local e polo que pasa a integrarse na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo. A Deputación aportará 24.811 €, que supón o 80 % do custo do proxecto para contratar unha asistencia técnica que preste apoio na xestión e dinamización do coworking para poñer en marcha un campus de emprendemento con perspectiva de xénero e para impulsar unha experiencia piloto para a promoción do sector primario. O coworking A Pobra, de 143,23 metros cadrados, ten capacidade para acoller dez iniciativas emprendedoras: os espazos Emprende (de oito módulos) e Nómades (de dous módulos). s. souto